Extinguido o incendio de Verín (Ourense) tras calcinar máis de 130 hectáreas

Actualizado 17/07/2017 9:08:53 CET

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Jul. (EUROPA PRESS) -

   O incendio que desde o pasado sábado afectaba á parroquia de Feces de Cima, situada en Verín (Ourense), quedou extinguido ás 20,50 horas deste domingo.

   Así, as lapas, iniciadas ás 17,16 horas do sábado, calcinaron un total de 132,4 hectáreas, das cales 101,8 foron de monte raso, 19,6 de arborado e os 11 restantes de terreo agrícola.

   Nas tarefas de extinción participaron dous técnicos, doce axentes, 20 brigadas, sete motobombas, tres pas e medios aéreos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies