Salvamento recupera o corpo dun varón na zona da ponte das Pías en Ferrol

Actualizado: martes, 21 octubre 2014 14:38

FERROL, 21 Oct. (EUROPA PRESS) -

Salvamento Marítimo recuperou na mañá deste martes o corpo dun varón que foi localizado na auga na zona da ponte das Pías en Ferrol.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Garda Civil, o corpo foi avistado sobre as 12,00 horas deste martes e recuperado por Salvamento unha hora despois.

Fontes de Salvamento sinalaron que tras recibir o Centro de Coordinación de Fisterra o aviso da Benemérita, debido ao "pouco calado" que hai na zona, foi mobilizada a embarcación auxiliar do buque 'Ría de Vigo', que está atracado en Ferrol.

Sobre as 13,10 horas, segundo confirmou Salvamento, foi recuperado o corpo e trasladou ao muelle da Gándara, onde se fixeron cargo as autoridades correspondentes.

O Instituto Armado espera os resultados da autopsia para determinar a identidade do corpo recuperado. Non obstante, indicou que "non consta" denuncia por desaparecidos na zona.