Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 17/04/2008 14:48

Sanidade achega 660.000 euros a axudas para os hemofílicos e centraliza a investigación na Fundación de Genómica

   VIGO, 17 Abr. (EUROPA PRESS) -

   A Consellería de Sanidade destinará este ano 660.000 euros a axudas sociais a pacientes hemofílicos infectados por hepatite C e que figuran no censo deste tipo de enfermos en Galicia, que conta con máis de 220 persoas inscritas.

   Así o explicou hoxe, coincidindo co Día Mundial da Hemofilia, o secretario xeral do Servizo Galego de Saúde, Cayetano Rodríguez, durante o acto de presentación da XXXVII Asemblea Nacional da Federación Española de Hemofilia (Fedhemo), e recordou que a Comunidade galega está "á vangarda" no tratamento da hemofilia, tanto dende o punto de vista sanitario coma de prestacións sociais.

   Rodríguez explicou que a Xunta outorga 12.000 euros de axuda a estes pacientes, que se suman aos 18.000 euros que outorga o Estado. Ademais, recordou que os hospitais galegos subministran tratamento de factores recombinantes, que reducir os riscos dos anteriores tratamentos (con factores plasmáticos) no que respecta a contaminación e transmisión de enfermidades.

   Ademais destas medidas, o Servizo Galego de Saúde remitiu recomendacións específicas para tratar as urxencias destes pacientes e organizou o stock de medicamentos no servizo de farmacia. En canto á investigación, confirmou que, a partir de xuño de 2008, os estudios de mutación relativos a esta enfermidade se centralizarán na Fundación de Medicina Genómica.

   Por outra banda, indicou que xa se estableceron centros de referencia para o tratamento destes pacientes en casos específicos. Así, os transplantes hepáticos e cardíacos realízanse no Hospital Juan Canalejo da Coruña, mentres que as patoloxías traumáticas se tratan no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e no de Santiago.

AFECTADOS.

   En Galicia, segundo confirmou a presidenta da Asociación Galega de Hemofilia, Dolores Díaz, viven unhas 500 persoas afectadas polos diferentes tipos de hemofilia, e foi unha das primeiras comunidades que implantou de modo xeneralizado o uso de tratamentos recombinantes. Así mesmo, a Comunidade galega sitúase á cabeza en número de transplantes hepáticos a estes pacientes, con tres intervencións.

   En España hai preto de 4.000 persoas con esta enfermidade crónica, de transmisión xenética, que impide a coagulación do sangue, e o 45 por cento delas son considerados enfermos graves, con menos do un por cento de factor de coagulación. Unhas 2.500 mulleres españolas saben que son portadoras da enfermidade.

   O Instituto Feiral de Vigo acollerá o sábado o XV Simposio-Médico Social sobre hemofilia, mentres que o domingo se celebrará a XXXVII Asemblea Nacional da Federación Española de Hemofilia. Nestes actos está prevista a participación de 600 persoas, entre eles profesionais sanitarios de diferentes hospitais de España.

El vídeo comenzará después de 21 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.