Sanidade agrupará os pediatras en centros de saúde de referencia ante a falta de substitutos para o verán

Bebés, nacementos, poboación, cheque bebé, tarxeta benvida
Europa Press - Archivo
Actualizado: jueves, 21 junio 2018 12:38

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Jun. (EUROPA PRESS) -

   A Consellería de Sanidade anunciou que agrupará pediatras nos centros de saúde das capitais das comarcas ante a falta de substitutos para poder cubrir as vacacións en todas as localidades. Esta reorganización tamén afectará as cidades, nas que está previstos tamén que se desvíen pacientes dun a outro centro.

   A programación farase naqueles casos nos que se detecten "problemas temporais" por "falta de substitutos" durante o período de vacacións dos profesionais, dada "imposibilidade" de cubrir estas ausencias pola situación de "paro cero" nesta especialidade. No caso de que haxa dificultades de desprazamento (xa que pode haber localidades que queden sen pediatra no verán), os pacientes serán atendidos por médicos de familia.

   Así o explicou este xoves o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, durante a Comisión de Sanidade da Cámara galega, na que explicou que, para levar a cabo esta "reorganización" durante o verán, a Xunta identificará os "centros de saúde" que si "contan con atención".

   Para esta reorganización temporal, a Consellería de Sanidade terá en conta aos pediatras que atendan a menos de 700 nenos, así como a aqueles que prestan servizo de forma itinerante.