Santiago aumenta a chegada de peregrinos no Día de Galicia e nos días previos en relación ao ano pasado

Peregrino del Camino de Santiago de Compostela
EUROPA PRESS
Actualizado: viernes, 25 julio 2014 19:45

Advirten da "desinformación" que teñen as persoas que realizan o Camiño sobre horarios, medidas de seguridade e puntos de interese

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Jul. (EUROPA PRESS) -

Santiago rexistrou un aumento de peregrinos tanto no Día de Galicia coma nos días previos en relación ao ano pasado, segundo os datos que ofreceu a Oficina do Peregrino a Europa Press.

Dende o pasado 21 de xullo ata as 19,00 horas deste venres chegaron a Santiago 7.070 peregrinos e, concretamente, o xoves 24 rexistráronse 2.178 fronte aos 2.014 do pasado ano.

Así mesmo, na xornada deste venres 25 os peregrinos rexistrados ata as 19,00 horas foron 1.435 --87 máis que os totais do ano pasado, 1.348--.

Por outra banda, a Consigna oficial do peregrino considerou que este ano poden "bater marca" de persoas que realizan o camiño polas cantidades de xente que visitaron Santiago nos últimos días.

PROCEDENCIA

Os peregrinos que máis chegaron son de procedencia polaca, italiana, portuguesa, alemá e tamén española, segundo os datos deste departamento. Ademais, constataron unha "grande afluencia" de viaxantes xuvenís en grupo aínda que o turismo nacional "veu máis en parella".

Así mesmo, a Consigna oficial do peregrino avisou da "desinformación" das persoas que realizan o Camiño sobre as medidas de seguridade, os horarios das misas ou os puntos de interese. Por iso, "moita xente quedou fóra" da misa celebrada o pasado xoves ás 12,00 horas.

Como anécdota, a Oficina informou de que un peregrino plastificou unha carta de seis páxinas de agradecemento á sociedade galega con relación ao accidente de Angrois, carta que se atopa colgada na valla da parroquia. Ademais, o único incidente ata o momento é que consignaron "unha navalla".

ANÉCDOTAS

Un grupo xuvenil procedente de Madrid realizou o camiño "durante nove días" aínda que camiñaron algúns quilómetros de máis porque "se perderon en certas etapas". Malia iso, os mozos afirmaron que é unha experiencia que "repetirán" porque "pagou moito a pena".

Por outra banda, un grupo de amigas de entre 20 e 23 anos procedentes de Alicante mostrouse sorprendido porque os galegos "son moi hospitalarios".