Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 03/09/2010 17:52

Sanz e Feijóo enxalzan as "ideas de solidariedade" transmitidas polo Camiño de Santiago, que "une" a Galicia e La Rioja

   O presidente de La Rioja, Pedro Sanz, trasladou o "cariño e afecto" do seu pobo a Galicia, que identificou como sentimentos propios de dúas comunidades "unidas polo Camiño", as "ideas solidarias" das cales foron enxalzadas polo seu homólogo galego, Alberto Núñez Feijóo, nunha comparecencia conxunta no Pazo de Raxoi.

   Tras reunirse con Feijóo, o presidente riojano agradeceu o seu "recibimento" na comunidade e defendeu os valores de "solidariedade e convivencia" do Camiño, ao que se referiu como un "legado insubstituíble", unha visión que foi compartida plenamente polo presidente galego.

   Así, o xefe do Executivo autonómico destacou que o Camiño de Santiago deposita "unha mensaxe de extraordinario valor no mundo" tanto en España coma en Europa. "A insolidariedade conduce á frustración, mentres as ideas solidarias, como a xacobea, perduran, crecen e se renovan", proclamou.

   "O noso contacto co peregrino convértenos en grandes xestores do diverso. O Camiño triunfa no corazón dos homes porque non esixe renunciar á propia personalidade, senón que propicia unha amálgama de ideas e pareceres onde é doado sentirse a gusto", engadiu Núñez Feijóo.

   Por último, resaltou o "mimo" co que as comunidades xacobeas cultivaron todos os aspectos do Camiño de Santiago e afirmou que "sen ese entusiasmo anónimo" destes pobos, "sen a implicación da súa xente", o Camiño só sería "algo artificioso e sen vida". "E non unha realidade natural e plena de vitalidade", concluíu.

VISITA A SANTIAGO

   Feijóo recibiu á comitiva do Goberno riojano, encabezada polo seu presidente, no marco da celebración dos Días Xacobeos das distintas comunidades autónomas. Ambos os dous mandatarios asistiron á Misa do Peregrino na Catedral, onde Sanz realizou a Ofrenda ao Apóstolo, antes de manter un encontro institucional, aínda que inicialmente estaba previsto ao contrario.

   De feito, a súa reunión estaba prevista para as 11.00 horas no Pazo de Raxoi, pero a néboa obrigou a desviar o voo no que viaxaba a comitiva riojana ao aeroporto de A Coruña, ao non poder aterrar na capital galega, o que obrigou á Xunta a reprogramar a axenda. Finalmente, ambos os dous mandatarios acudiron primeiro á Misa do Peregrino e posteriormente mantiveron un encontro institucional.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 La ola de frío se agudizará el fin de semana Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.