Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 03/09/2010 17:43

Sanz súmase a Feijóo e esixe que se aprace o pagamento dos anticipos ata que haxa "unha recuperación económica"

   O presidente de La Rioja, Pedro Sanz, sumouse este xoves ao seu homólogo galego, Alberto Núñez Feijóo, na súa petición ao Goberno de que aprace o pagamento da débeda das comunidades tras a liquidación das contas do financiamento autonómico correspondentes aos exercicios de 2008 e 2009 ata que se produza "unha recuperación económica".

   Tras manter un encontro con Feijóo en Santiago, Sanz cualificou de "barbaridade e atropelo" a petición do Goberno central de aboar esta débeda en plena crise económica e mostrouse partidario de que se "atrase" a devolución de anticipos ata que esta non supoña "un prexuízo" para os presupostos autonómicos.

   En ton irónico, Sanz preguntouse se, ás veces, non resulta necesario "acudir a Santa Rita" --en referencia ao refrán 'Santa Rita, Rita, o que se dá non quita'-- e apostou por buscar "unha mellor" saída para evitar que as autonomías teñan que enfrontarse ás súas contas cun "esforzo engadido".

   "O que non se pode facer é que en plena crise económica se lles pida ás comunidades un esforzo engadido ante a falta de ingresos e que se obrigue a devolver un diñeiro que nos gastamos porque o Goberno nos dixo que nolo podiamos gastar", esgrimiu.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 La ola de frío se agudizará el fin de semana Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.