SANTIAGO DE COMPOSTELA 9 Feb. (EUROPA PRESS) -
O Ministerio de Asuntos Exteriores continúa sen novidade coas xestións pertinentes para que se resolva o secuestro do cidadán de orixe galega Juan Cortés, retido dende mediados de xaneiro en Caracas (Venezuela).
Segundo sinalaron fontes de Exteriores Europa Press, séguense realizando "tódalas xestións posibles", que están sendo coordinadas "ao máximo nivel".
Así, continúase traballando, segundo as mesmas fontes, para que se resolva a situación de Juan Cortés, de 65 anos e oriundo de Cambre (A Coruña), secuestrado preto do restaurante que rexenta en Caracas, onde vive.
Pola súa banda, o secretario xeral da Emigración da Xunta, Santiago Camba, ten previsto, no marco dunha nova viaxe a Venezuela, manter unha entrevista persoal co embaixador e o cónsul xeral de España para interesarse dos pormenores do caso de secuestro de Cortés.
Se ben a Xunta recorda que a discreción é obrigada nestes casos, como así manifestouno tamén Exteriores, dende o primeiro momento, tras ter coñecemento do caso, subliña que o Goberno galego puxo a disposición das autoridades venezolanas, e das consulares españolas, como xa fixera en casos similares anteriores.
Neste sentido, a Xunta recalca que, dende o "máximo respecto" pola familia e a actuación dos gobernos venezolano e español, "axudou e axudará" en "todo o posible" e mostrou, en todo momento, o seu "máis firme respaldo" aos representantes da diáspora galega no país caribeño.