Seis feridos, tres deles menores, nun choque frontal en Santiago

Actualizado: sábado, 25 junio 2016 18:48

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Jun. (EUROPA PRESS) -

   Un choque frontal na tarde deste sábado entre dous turismos en Santiago de Compostela deixou seis feridos, tres deles menores, á altura de número 11 da Rúa da Pena Corveira.

   Segundo informa a Central de Coordinación do 061 Urxencias Sanitarias, os tres adultos feridos son un home de 42 anos, J.S.G; e dúas mulleres de 39 anos (M.B.M) e de 46 anos (M.V.R).

   Segundo informou o 112 Galicia a Europa Press, foron avisados, entre outros, Garda Civil de Tráfico, bombeiros e Protección Civil de Santiago. Ata o lugar desprazáronse o helicóptero do 061 con base en Santiago, tres ambulancias asistenciais e unha medicalizada.

   Foi un particular o que deu a primeira alerta sobre as 16,45 deste sábado e avisou de que había varias persoas tendidas no chan, entre eles nenos. O accidente provocou retencións durante varios minutos na N-550 á altura de Sigüeiro (Oroso) na entrada a Santiago.