O septuaxenario e o seu fillo achados mortos na súa casa en Xermade (Lugo) presentaban feridas de arma branca

A muller ferida permanece ingresada no HULA con lesións graves

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 22 febrero 2012 16:33

LUGO, 22 Feb. (EUROPA PRESS) -

O septuaxenario e o seu fillo achados este mércores falecidos na súa casa no municipio de Xermade (Lugo) presentaban feridas de arma branca, mentres que a muller do ancián, de 77 anos, sufriu lesións graves.

Segundo informaron a Europa Prss fontes próximas á investigación, o roubo é a principal hipótese que baralla a Garda Civil.

Os feitos sucederon de madrugada nunha vivenda unifamiliar situada na parroquia de Burgás, no municipio de Xermade, na que residía o matrimonio de septuaxenarios e o seu fillo.

Fontes próximas á investigación indicaron que os varóns, V.H.P., de 74 anos e o seu fillo E.H.R., de 51 anos, supostamente foran acoitelados, xa que presentaban ambos os dous feridas de arma branca.

Pola súa banda, no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo permanece ingresada con feridas graves a muller do septuaxenario, D.R.S., de 77 anos, que, segundo fontes hospitalarias, presenta "navajadas na traquea e na cabeza".

FEITOS

Ás 11.23 horas o 061 recibiu o aviso dunha posible agresión nun domicilio, na que foran atopadas unhas persoas tiradas no chan.

Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia asistencial e persoal sanitario do centro de saúde da zona. Os equipos sanitarios ao chegar acharon dúas persoas falecidas, un varón de 74 anos e outros de 51, aparentemente "por causas violentas" e evacuaron o HULA á muller ferida.

Ademais, ao lugar desprazouse un equipo de investigación do Instituto Armado, o xuíz de garda e o forense que, segundo indicou a Garda Civil, será que certifique a "causa probable" do falecemento.

Contenido patrocinado