O Sergas abre esta semana o prazo para a libre elección de hospital para pacientes que teñan Povisa como referencia

sinatura de convenio entre sergas y povisafoto: ana varela
SERGAS/ana varela
Actualizado: lunes, 1 septiembre 2014 18:36

VIGO, 1 Sep. (EUROPA PRESS9

O Sergas anunciou a apertura, ao longo desta semana, do prazo para a libre elección de centro hospitalario para a poboación que teña como centro de referencia o hospital Povisa de Vigo.

O anuncio deste prazo (aberto ata o 30 de novembro) - fíxose precisamente o día en que a xerente do Sergas, María Nieves Domínguez, e o conselleiro delegado de Povisa, José Bernardo Silveira, asinaron o novo concerto entre o hospital e a sanidade pública.

Este luns, polo tanto, entra o vigor o novo acordo, que ten unha vixencia de 8 anos, máis outros dous prorrogables anualmente. Así mesmo, establece un pagamento de 540 euros anuais por paciente, cun tope de poboación adscrita de 139.000 persoas, e co mantemento da carteira actual de servizos.