O Sergas convoca 201 prazas por concurso oposición

Actualizado: lunes, 29 junio 2015 15:46

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Jun. (EUROPA PRESS) -

   O Servizo Galego de Saúde (Sergas) convoca un total de 201 prazas por concurso oposición para un total de 11 categorías de diplomados e técnicos sanitarios, as maiorías das cales será para auxiliares de enfermaría, con 124.

   O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará este martes a convocatoria para a provisión destas 201 prazas de persoal estatutario do Sergas, despois de que as bases do proceso fosen negociadas e aprobadas en Mesa Sectorial. O prazo de inscrición arranca o 1 de xullo e finaliza o 20 de agosto.

   Das 201 prazas, un total de 87 serán de acceso libre, mentres 102 son de promoción interna. Ademais resérvanse 12 para persoas con minusvalideces.

   Así, haberá 122 prazas para auxiliares de enfermaría (55 de libre acceso, 62 de promoción interna e 7 para minusválidos). Un total de 26 prazas para técnicos de farmacia (11 libres, 13 de promoción interna e 2 para minusválidos); 13 prazas para enfermeiros especializados en obstreticia e xinecoloxía (5 libres, 7 promoción interna e 1 para minusválidos).

   Tamén haberá: 11 prazas para fisioterapeutas (4 de libre acceso, 6 de promoción interna e 1 para minusválidos); e 11 para técnicos superiores de laboratorio e diagnóstico clínico (4 de libre acceso, 6 de promoción interna e 1 para minusválidos).

   A lista complétase con: 6 prazas para técnicos superiores de imaxe para o diágnóstico (3 de libre acceso e 3 de promoción interna); 2 prazas para técnicos superiores de anatomía patolóxica e citoloxía (unha de libre acceso); 2 para logopedas (unha de libre acceso); 2 prazas para técnicos superiores de hixiene bucodental (unha de libre acceso); 2 prazas para técnicos superiores de radioterapia (unha de libre acceso); e 2 prazas para terapeuta ocupacional (unha de libre acceso).

NOVIDADES

   Segundo informa a Xunta nun comunicado, este proceso -que se realiza en cumprimento dos decretos de oferta pública de emprego dos anos 2014 e 2015- inclúe novidades como a incorporación dos medios electrónicos e telemáticos para as divesas fases de tramitación do proceso como a formalización da solicitude de inscrición ou o rexistro de requisitos e méritos de partición a través de o Expediente-e.

   Ademais, o proceso inclúe a valoración de novos aspectos curriculares profesionais como a docencia universitaria impartadia nas categorías de nivel diploma ou o apartado de comunicacións en congresos para as categorías de técnico.

   Así mesmo, reforzaranse as medidas de seguridade nas fases de tramitación do proceso, co fin de garantir o principio de igualdade no acceso ao emprego público, o máximo nivel de confidencialidade no desenvolvemento das probas que integran a parte de oposición.

   Para unha maior transaparencia e obxectividade elaboraranse guías de actuación e funcionamento dos tribunais que deban constituirse para a valoración das diferentes probas selectivas e méritos das persoas aspirantes.