Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 07/11/2009 21:24

O Sindicato de Xornalistas fixa "a loita contra os despedimentos" como obxectivo "prioritario" na súa primeira asemblea

   O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) organizou hoxe a súa primeira asemblea ordinaria, na que fixou "a loita contra os despedimentos e a precariedade laboral" como obxectivo "prioritario" da organización.

   "Nestes momentos de despedimentos na práctica totalidade das empresas do sector", o SXG chamou á "unidade sindical" e á "solidariedade dos traballadores" para lograr "que non se fagan aínda máis precarias as xa paupérrimas condicións laborais da profesión".

    Entre outros fins, o colectivo apuntou á regulación dos bolseiros e a petición de que as administracións "vinculen as axudas públicas ao mantemento do emprego estable".

   Ademais, a primeira asemblea acordou a nova executiva do sindicato, coa reelección de Xurxo Salgado como secretario xeral e a decisión de que Estrella López ocupe o cargo de vicesecretaria xeral.

MEDIDAS CONXUNTAS

   Así mesmo, coordinou medidas "conxuntas" cos mandatarios da Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP) e dos sindicatos de xornalistas de Cataluña, Andalucía, Madrid, La Rioja e Canarias, que participaron no acto.

   Tamén acudiron á inauguración da asemblea o director xeral de Relación Laborais, Odilio Martiñá; o decano en funcións da Facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé Pereira, e representantes dos sindicatos CIG, UGT e o sindicato ferroviario.

   Entre outras, o SXG tamén aprobou por unanimidade unha resolución "de apoio aos asalariados de La Región". "A empresa editora "pretende despedir 32 profesionais malia recoñecer que gañou máis de 188.000 euros no último ano", incidiu.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 La ola de frío se agudizará el fin de semana Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.