Sindicatos chaman aos traballadores de xustiza a mobilizarse o luns para visibilizar o seu apoio ao comité de folga

Traballadores da xustiza protestan ante o Parlamento de Galicia
EUROPA PRESS - Archivo
Actualizado: sábado, 24 marzo 2018 11:52

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Mar. (EUROPA PRESS) -

   Os sindicatos chamaron aos traballadores da xustiza galega a mobilizarse o vindeiro luns, día 26 de marzo, ante o edificio da Xunta en Santiago, para mostrar o seu apoio ao comité de folga nas reunións que manterá co Goberno galego parar achegar posturas e tentar pór fin ao paro indefinido no sector.

   O comité de folga, no que está representados SPJ-USO, Alternativas da Xustiza-CUT, FeSP-UXT, CSIF, STAJ, CIG e CC.OO., pediu aos traballadores que lles mostren o seu apoio de forma "presencial" ás 10,30 horas ante o edificio de San Caetano.

   Ademais, os sindicatos facilitaron aos traballadores un escrito para trasladar á Xunta. O obxectivo é que fagan constar que "rexeitan" a oferta presentada polo Goberno galego na reunión do 19 de marzo, cando ofreceu unha nova alza non lineal e por corpos. En concreto, 135 euros ao mes para os forenses, 133 para os xestores, 108 para os tramitadores e 105 para os corpos de auxilio.

   E é que o comité de folga censura que tanto o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, como o vicepresidente, Alfonso Rueda, "tentasen aproveitar a votación realizada o pasado mércores" --na que avalaron que rebaixar a esixencia mínima salarial de 190 euros-- para "vender que o resultado significa que o colectivo acepta a súa última oferta".

   "A resposta máis adecuada debe partir do propio colectivo, deixando claro que a única interpretación correcta da devandita votación é que o colectivo facultou ao comité de folga para negociar sen o límite mínimo de 190 euros", sinalan as organizacións sindicais.

REUNIÓN O LUNS

   O comité de folga pediu por rexistro á Xunta volver convocar a mesa de negociación este luns ás 11,00 horas co obxectivo de achegar posturas e pór fin á folga indefinida no sector, que este sábado cumpre 45 días, desde que foi convocada o pasado 7 de febreiro.

   Pola súa banda, na súa resposta aos sindicatos, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, deixou claro que se a intención das organizacións sindicais é "que exista unha nova prepuesta" por parte da Administración autonómica "esta non se producirá" e que, por tanto, a comparecencia da Xunta no encontro "non tería obxecto".

   Con todo, aínda que a Administración autonómica mantense nesta postura, os sindicatos avanzaron que irán "si ou si" a esta cita.