Protestas en Galicia contra a violencia de xénero

Concentraciones sindicatos en Galicia contra la violencia de género
REMITIDA
Actualizado: miércoles, 25 noviembre 2015 18:50

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Nov. (EUROPA PRESS) -

   Os sindicatos CIG, CC.OO. e UGT convocaron este mércores varias concentracións de repulsa contra a violencia de xénero e fixeron especial fincapé na presenza desta lacra no ámbito laboral.

   Así, entre outras localidades, representantes da CIG concentráronse este mediodía nas portas da Confederación de Empresarios de Galicia en Santiago baixo o lema 'Na túa empresa tamén hai violencia', para "chamar a atención sobre o feito de que "cando non se respectan os dereitos das traballadoras tamén hai violencia machista".

   Neste sentido, a secretaria comarcal de Muller da CIG, Patricia Freire sinalou que se produce tamén violencia machista "cando a unha muller polo feito de ser muller non se lle respectan os seus dereitos", como é o caso de empresas que non facilitan a conciliación ou de entrevistas de traballo nas que se pregunta "se ten cargas familiares ou ten pensado telas".

   A maiores, Freire indicou que os sindicatos tampouco "son alleos" ao que "está a suceder nesta sociedade" coa violencia contra as mulleres e o número de "feminicidios" que rexistra tanto Galicia como España.

UGT E CC.OO.

   Por outra parte, os sindicatos CC.OO. e UGT convocaron de forma conxunta varias concentracións con motivo do día 25 de novembro e para dicir "non á violencia de xénero".

   Nestas concentracións, ambos os dous sindicatos fixeron un chamamento sobre a "insoportable extensión da violencia machista", tanto no ámbito da parella ou exparella coma na rúa, o acoso vía Internet, o acoso sexual ou a discriminación no traballo.

   "As raíces da violencia contra as mulleres teñen un carácter estrutural e son produto da desigual relación de poder entre homes e mulleres", explica o sindicato UGT, que pide, entre outras cuestións, intensificar a perspectiva de xénero en cuestións laborais.