VIGO 18 Nov. (EUROPA PRESS) -
Os sindicatos estimaron hoxe que unhas 123 empresas poderán acollerse ás axudas do plan no que traballa a Xunta para "aliviar" os efectos da crise e "mitigar" o seu impacto sobre o emprego no sector do automóbil e que uns 8.000 traballadores se beneficiarán desta iniciativa.
Así o indicaron tras a reunión do Foro da Automoción celebrada hoxe en Vigo entre sindicatos, patronal e Consellería de Traballo, co fin de perfilar os criterios que deben seguir as empresas para acollerse en decembro ás axudas da Xunta para formación e evitar máis perda de empregos no sector da automoción.
Segundo sinalaron, os requisitos a cumprir polas empresas céntranse en que non poden presentar ningún Expediente de Regulación de Emprego; teñen que demostrar que, polo menos, un 40 por cento da súa produción está destinada ao sector da automoción; deben presentar un informe de actividades e unha lista nominal de empregados.
(HABERÁ AMPLIACIÓN)