A sinestralidade viaria descende en febreiro en Galicia ao rexistrarse 4 accidentes con 4 falecidos, unha vítima menos

Accidente de Tráfico
EUROPA PRESS
Actualizado: lunes, 2 marzo 2015 10:23

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 Mar. (EUROPA PRESS) -

A sinestralidade viaria reduciuse un 20 por cento o pasado mes de febreiro en Galicia, período no que se rexistraron catro falecidos en catro accidentes mortais, fronte ás cinco vítimas en cinco sinistros no mesmo período de 2014.

Segundo os datos facilitados pola Dirección General de Tráfico (DGT), nas provincias de Ourense e Lugo descendeu a sinestralidade viaria en febreiro un 100 por cento, ao pasar dun accidente cun falecido en cada caso o ano pasado a ningún este 2015.

Mentres, na provincia da Coruña mantívose en tres sinistros mortais con tres falecidos, como en 2014; e na de Pontevedra aumentou tras rexistrarse un falecido nun sinistro fronte a ningún no mesmo mes do ano pasado.

En canto á idade, as catro vítimas mortais rexistradas o pasado mes de marzo eran maiores de 56 anos. En concreto, dous dos falecidos tiñan máis de 65 anos e os outros dous entre 56 e 65.

EVOLUCIÓN

No que vai de ano faleceron 13 persoas en 13 sinistros en Galicia, un 44,4 por cento máis que no mesmo período de 2014, cando se rexistraran nove mortos en nove sinistros.

Nos dous primeiros meses do ano sitúase á cabeza en accidentalidade a provincia de Pontevedra, con sete falecidos en sete accidentes, fronte ás tres vítimas contabilizadas en 2014; seguida da Coruña, con seis mortos en seis sinistros, fronte ás catro vítimas do ano anterior.

Pola súa banda, nas provincias de Lugo e Ourense non se han rexistrados accidentes mortais no que vai de ano, segundo os datos da DGT, fronte a unha vítima mortal que contabilizaran o ano pasado en cada caso.