Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 04/03/2010 10:57

Sorprenden a catro individuos en Vigo, dous deles menores, cando cargaban un coche nun furgón para levalo

   Un total de catro individuos, dous deles menores de idade, foron sorprendidos por veciños da rúa Coutadanova de Vigo cando estaban a cargar un turismo nun furgón, co obxectivo de levalo; situación ante a cal a Policía Local abriu dilixencias por suposto delito de roubo de vehículo a motor.

   Segundo explicaron hoxe as forzas de seguridade, sobre as 13.15 horas de onte, unha patrulla dirixiuse á citada rúa, onde o propietario dun Citroën AX vermello lles explicou que cando chegou ao lugar, tras ser avisado por un veciño que o chamara para dicirlle que uns individuos de etnia xitana pretendían levar o seu auto, atopou o coche a uns 200 metros de onde o tiña inicialmente estacionado.

   O home comentou que facía uns dous meses que non circulaba no seu coche, pero rexeitou que estivese en situación de abandono, precisando que conservaba as placas de matrícula.

   Pola súa banda, os axentes constataron que o Citroën fora cargado nun furgón Mercedes de cor branca e vermello, a propietaria da cal é un veciño de Vigo que responde ás iniciais T.M.M..

   Así mesmo, identificaron os catro individuos que se atopaban no lugar e cargaran o coche, e os que resultaron ser J.M.R., de 26 anos, un menor de 11 anos --estes dous con mesmo domicilio de propietaria de furgón--, J.G.M., de 26 anos, e outro menor de 11 anos. Todos eles son naturais de Monforte de Lemos (Lugo), pero veciños da cidade olívica.

   Estas persoas explicaron á Policía que intentaran localizar o propietario do vehículo, e que os veciños lles dixeran que o coche molestaba. Tamén indicaron que presentaba indicios de abandono e que carecía de matrícula, algo que negara o propietario. Ademais, os policías atoparon as placas de matrícula, con signos de ser arrancadas recentemente, nun colector próximo.

   Por todo iso, se abriron dilixencias e inmobilizouse o furgón co vehículo cargado, que quedou a disposición xudicial.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.