O tempo medio de espera para unha intervención cirúrxica no Chuac aumenta catro días

Actualizado: viernes, 31 octubre 2014 18:42

A CORUÑA, 31 Oct. (EUROPA PRESS) -

O tempo medio de espera para unha intervención cirúrxica pasou de case 85 días nos primeiros nove meses de 2013 "aos pouco máis de 89 días no mesmo período de 2014" no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (Chuac).

Diso informou o centro hospitalario a través dun comunicado, no que precisou tamén que, para as patoloxías de prioridade 2, o tempo medio de espera se "reduxo", pasando dos 65,2 días en 2013 ata os 61,3 días en 2014.

Por outra parte, segundo o Chuac, das 21.734 intervencións cirúrxicas programadas, 21.016 foron en xornada ordinaria, "o que significa que se realizaron 671 intervencións cirúrxicas máis" en xornada ordinaria".

Este aumento da actividade en quirófano "permitiu que o rendemento cirúrxico pasase do 76,07% o pasado ano ao 77,45% este ano".

Mentres, engade que "se ben o número de pacientes en lista de espera cirúrxica se viu incrementado en 414 persoas con respecto ao ano pasado, o motivo deste aumento vén dado polo importante incremento no número de persoas atendidas en consultas externas, que ascende a máis de 1.949 con respecto ao ano pasado".