Temporal.- Os termómetros rexistran 8,4 graos baixo cero na montaña ourensana e 2 graos en zonas de costa

Heladas, Frío, Santiago De Compostela, Galicia
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 10 febrero 2012 11:43

SANTIAGO DE COMPOSTELA 10 Feb. (EUROPA PRESS) -

Os termómetros descendeu a valores próximos aos 8,5 graos baixo cero de madrugada en puntos da montaña de Ourense, mentres que en zonas do litoral rexistraron dous graos.

Segundo os rexistros publicados na web de MeteoGalicia, recollidos por Europa Press, a zona de montaña de Verín-Vilela alcanzou o valor máis baixo, con 8,4 graos negativos; mentres que Monte Medo rexistrou -6,2 e Baltar -6,1.

Pola súa banda, en zonas do litoral Norte como A Coruña a mínima situouse nos dous graos, así como no Sur de Pontevedra, con 2,4 graos en Oia.

Este venres, as baixas temperaturas manteñen activada a alerta amarela nas provincias de Lugo e Ourense, segundo sinala a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

Contenido patrocinado