Temporal.- O Sur e a zona de montaña de Ourense manteñen a alerta amarela por temperaturas mínimas

Mapa De Alerta En La Provincia De Ourense
METEOGALICIA
Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 10 febrero 2012 9:34

SANTIAGO DE COMPOSTELA 10 Feb. (EUROPA PRESS) -

O Sur, a zona de montaña e a bisbarra de Valdeorras na provincia de Ourense permanecerán este venres en alerta amarela debido ás baixas temperaturas que esperan na primeira metade da xornada.

De acordo co boletín sobre adversos meteorolóxicos de Meteogalicia, estas tres zonas estarán en alerta amarela dende as 00.00 ás 12.00 horas.

En concreto, nas áreas do Sur e da bisbarra de Valdeorras, as mínimas serán localmente inferiores aos -4 graos centígrados, mentres que na montaña baixarán dos -6 graos.

Contenido patrocinado