'The Wave Pictures' actuará os próximos 14 e 15 de marzo en Vigo e A Coruña

Actualizado: domingo, 25 enero 2015 17:30

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Ene. (EUROPA PRESS) -

'The Wave Pictures' actuará o próximo sábado 14 de marzo en Vigo e o próximo domingo 15 de marzo en A Coruña. En concreto, farao na sexta edición do festival anual SON Estrela Galicia.

Deste modo, o trío británico actuará o 14 de marzo, ás 22,30 horas, na sala Iguana de Vigo; mentres que, na cidade herculina, o concerto terá lugar na Sala Mardi Gras e empezará ás 21,00 horas. Ambas as dúas sesións teñen un prezo de 10 euros, con oferta limitada, e as entradas pódense adquirir mediante 'www.ticketea.com'.

'The Wave Pictures' é un grupo de rock nacido en 1998 e formado por David Tattersall, Franic Rozycki e Jonny Helm. O próximo 16 de febreiro sacará á luz o seu novo disco de longa duración, baixo o nome de 'Flamingo Burning Moon'.

Ademais deste grupo, a sexta edición do SON Estrela Galicia acollerá outras actuacións, entre as que destacan nomes como Cabo San Roque, Jay Jay Johanson, Scott Mathew, Carmen Boza, Jacco Gardner e Julián Maeso.