Un total de 775 novos usuarios incorpóranse ás libranzas da dependencia

Alberto Núñez Feijóo Comparecerá En Rolda De Prensa Para Dar Conta Dos Asuntos T
XUNTA/xoán crespo
Actualizado: viernes, 9 diciembre 2016 19:47

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Dic. (EUROPA PRESS) -

Un total de 775 novos usuarios incorpóranse en Galicia, no marco das prestacións de atención á dependencia, ás libranzas do ámbito familiar. Deles, segundo explicou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, 55 teñen recoñecida a retroactividade na prestación e as outras 720 incorpóranse de novo ao sistema.

Ao termo da reunión semanal do Executivo, Feijóo explicou que a porcentaxe de dependentes atendidos por servizos profesionais na comunidade se sitúa no 76 por cento, dez puntos por enriba da media do Estado.

O presidente galego reivindicou os pasos dados no ámbito da atención á dependencia e aos maiores nos últimos anos, ao tempo que garantiu que se continuará avanzando.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)