SANTIAGO DE COMPOSTELA 1 Feb. (EUROPA PRESS) -
Galicia rexistrou o pasado mes de xaneiro un descenso do 13,3 por cento no número de vítimas mortais en accidentes de tráfico, con 13 falecidos, dous menos que no mesmo período de 2009.
Segundo o balance da Dirección General de Tráfico (DGT) remitido hoxe, no mes pasado 13 persoas faleceron en 11 sinistros de circulación na rede viaria de Galicia, fronte ás 15 vítimas en 13 accidentes contabilizadas no mesmo período de 2009.
Pontevedra foi a provincia que rexistrou o maior descenso en canto ao número de vítimas, un 42,8 por cento menos, ao pasar de sete falecidos en 2009 a catro o mes pasado.
Pola súa banda, a provincia de Lugo contabilizou unha redución do 33,3 por cento, ao baixar de tres a dous falecidos; A Coruña, un 20 por cento menos, de cinco a catro; e Ourense sumou tres vítimas en xaneiro de 2010, mentres que en 2009 non rexistrou ningunha.
En canto ás idades das vítimas mortais, sete delas eran maiores de 65 anos, mentres que unha tiña menos de 25 anos; dous entre 25 e 35; e tres entre 36 e 65 anos.