Trasladado un home de 74 anos tras unha fuga de gas no seu domicilio en Ferrol

Publicado: miércoles, 22 febrero 2017 19:39

FERROL, 22 Feb. (EUROPA PRESS) -

Un home de 74 anos foi trasladado este mércores ata o hospital tras resultar afectado por inhalación de gas ao rexistrarse unha fuga no seu domicilio, situado na cidade de Ferrol.

Foi un particular o que avisou sobre as 13,45 horas á Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, solicitando axuda para un home que se atopaba mareado nunha vivenda da rúa Pérez Paralle.

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Ferrol, a Policía Local e Protección Civil da localidade. As primeiras medicións deron positivo por monóxido de carbono e o home foi trasladado ao Hospital Arquitecto Marcide.