Trasladan a catro feridos nun choque entre dous coches en Outes (A Coruña)

Publicado 21/09/2017 19:53:25CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Sep. (EUROPA PRESS) -

Unha colisión frontolateral entre dous turismos saldouse este xoves con catro persoas feridas en Outes (A Coruña). Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as vítimas foron trasladadas ao Hospital A Rosaleda.

Un particular alertou do sinistro ao 112 Galicia ás 15,00 horas. En concreto, informou de que o accidente ocorrera en Cernón, nas proximidades do serradoiro.

O 112 informou do ocorrido ao 061, aos bombeiros de Boiro, o GES de Muros e de Protección Civil.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies