Tres detidos en Curtis (A Coruña) por roubos en vivendas e explotacións de Sobrado dos Monxes, Cesuras e Guitiriz

Tres detenidos en Curtis (A Coruña) por varios delitos de robo con fuerza.
GUARDIA CIVIL
Actualizado: lunes, 16 enero 2017 14:48

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Ene. (EUROPA PRESS) -

Efectivos da Garda Civil do posto de Curtis (A Coruña) e do equipo Roca de Santiago procederon á detención de tres individuos por varios delitos de roubo con forza.

Segundo informou o Instituto Armado, no marco da 'Operación Rocur' foron detidos na tarde do sábado dous veciños da localidade de Curtis (A.V.P., de 21 anos, e M.A.S.S. de 37 anos) e un veciño de Teixeiro (D.B.G., de 20 anos), polo roubo continuado en varias vivendas e explotacións de Sobrado dos Monxes, Cesuras e Guitiriz.

Principalmente, acúsaselles de, dende o pasado mes de setembro ata a actualidade, de facerse con diversas ferramentas, maquinaria agrícola, así como con material de construción. Todo iso valorado en 11.000 euros.

Supostamente os dous detidos máis novos serían os autores materiais dos roubos. As mesmas fontes sinalaron a M.A.S.S. como o que comercializaba o diverso material que os outros subtraían.

O Xulgado de Instrución Número 1 de Betanzos fíxose cargo das detencións practicadas, así como da explotación da operación policial.