Tres persoas feridas en senllos accidentes rexistrados en Teo e Cerdedo-Cotobade

Actualizado: lunes, 16 julio 2018 12:28

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Un total de tres persoas resultaron feridas esta noite en senllos accidentes rexistrados no municipio coruñés de Teo e no pontevedrés Cerdedo-Cotobade nun intervalo de media hora, entre as 22,30 e as 23,00 horas.

   Aínda que estas tres persoas necesitaron asistencia sanitaria, en ningún dos casos tiveron que intervir os servizos de rescate, segundo informa o 112 Galicia.

   O primeiro accidente sucedeu en Teo, concretamente na parroquia de Luou, onde dous vehículos chocaron frontalmente e dúas mulleres resultaron feridas.

   Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia e a partir de aí activouse un operativo no que participaron os profesionais sanitarios, os axentes da Garda Civil de Tráfico e membros do GES da Estrada, que regresaron á súa base unha vez confirmado que ninguén estaba atrapado.

CAÍDA POR UN DESNIVEL DE TRES METROS

   Por outra banda, en Cerdedo-Cotobade, un coche saíuse da vía e caeu por un desnivel dun tres metros no punto no que conflúen a estrada de Ourense con Campo Lameiro. Como consecuencia do impacto, unha persona resultou ferida, aínda que de carácter leve.

   A persona que chamou ao 112 para pedir axuda indicou que o ferido podería estar atrapado, posto que o vehículo estaba envorcado. Por conseguinte, os xestores do 112 solicitaron a intervención dos Bombeiros de Pontevedra e Ribadumia, aínda que finalmente, o ocupante do turismo puido saír sen a axuda dos efectivos de rescate.