Actualizado: miércoles, 27 agosto 2014 15:24
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

LUGO, 27 Ago. (EUROPA PRESS) -

   Unha muller de 32 anos de idade atópase en estado "moi grave" na UCI do Hospital Lucus Augusti (HULA) tras recibir un disparo da súa parella, segundo confirmou a Europa Press o propio centro hospitalario.

   Segundo a información do 061-Urxencias Médicas, os feitos aconteceron sobre as 21,20 horas deste martes, e ata o lugar do incidente desprazáronse unha ambulancia asistencial e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) da localidade lucense de Chantada.

   Inicialmente, a muller, S.F.D., foi trasladada ao Hospital de Monforte, se ben foi remitida ao HULA para, nunha operación de urxencia, para extraerlle a bala.

Más noticias