Unha muller morre arroiada por un tren na Coruña

Publicado: miércoles, 25 abril 2018 17:10

A CORUÑA, 25 Abr. (EUROPA PRESS) -

Unha muller faleceu no mediodía deste mércores ao ser arroiada por un tren na Coruña, segundo informou a Europa Press o 112 Galicia. O suceso obrigou a suspender a circulación entre A Coruña e Betanzos, explica, pola súa banda, o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif).

Persoal de Adif foi o que deu o aviso ao 112 ao redor das 14,30 horas deste mércores, explicaron por parte do servizo de emerxencias. O suceso produciuse á altura do túnel do Casabranca, nas inmediacións dun concesionario de coches.

Ao lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Policía Local e Nacional, ademais dos Bombeiros da Coruña. Fontes consultadas por Europa Press confirmaron que a muller se atopaba dentro das vías e faleceu após o impacto.

O suceso obrigou a suspender a circulación entre A Coruña e Betanzos-Infesta, polo que se estableceu un plan de transporte alternativo por estrada para os trens afectados, precisa Adif na súa web.