Unha nena resulta ferida nun atropelo en Ourense

Publicado: sábado, 21 enero 2017 10:10

OURENSE, 21 Ene. (EUROPA PRESS) -

Unha nena de nove anos resultou ferida en Ourense tras ser atropelada na noite do venres, debido ao que foi evacuada a un centro hospitalario.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar na Rúa dos Remedios sobre as 20,30 horas do venres. O centro de emerxencias recibiu a alerta de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias informou, pola súa banda, os Bombeiros de Ourense, a Protección Civil e á Policía Local.