Protestan cunha cacerolada contra "os despedimentos" da Xunta

Cacerolada frente a la Xunta
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 16 mayo 2013 17:58

SANTIAGO DE COMPOSTELA 16 May. (EUROPA PRESS) -

Unhas 50 persoas convocadas polos sindicatos protestaron este xoves ante o edificio administrativo de San Caetano contra "os despedimentos" da Xunta, á que esixiron que "recapacite" cunha cacerolada, entre golpes de tambor, pitidos e gritos en defensa dos empregos no sector público autonómico.

Segundo explicou a Europa Press José Vázquez, de UGT, con esta cacerolada, que se repetiu noutras localidades galegos, os convocantes pretenden protestar polos despedimentos de entre 47 e 59 persoas "en diversos departamentos da Consellería de Traballo" e que se fan "efectivos nesta mesma xornada" trala súa "publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG)".

Fronte á decisión do Executivo autonómico, os convocantes, cuxa protesta estivo marcada pola choiva constante, advertiron á Xunta de que "non siga por este camiño" e remarcaron que "non é necesario facer máis despedimentos".

"O que ten é que reaxustar os seus salarios e orzamentos para que non haxa máis despedimentos na Xunta", subliñou Vázquez, quen explicou que o Comité de Intercentros está analizando novas accións para combater esta decisión da Administración galega.

Contenido patrocinado