censura que Feijóo estea de brazos caídos

Vázquez, "convencido" de que ao PSdeG lle tocarán "grandes responsabilidades"

PACHI
Foto: EUROPA PRESS/REMITIDO

Denuncia un Parlamento "amordazado" e un Goberno "ausente" mentres a rúa "ferve" porque todos os sectores están "postos"

   SANTIAGO DE COMPOSTEla, 10 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, fixo este venres un novo chamamento á unidade dentro das súas filas tras mostrarse "convencido" de que ao seu partido le "van tocar grandes responsabilidades políticas". "A Galicia faille falta un PSdeG forte", incidiu, dada a "situación crítica" que atravesa a comunidade mentres o presidente Feijóo permanece "de brazos caídos".

   En rolda de prensa tras a primeira reunión do Grupo Parlamentario Socialista deste período de sesións, Vázquez destacou que o tempo que resta ata o verán é "moi importante" porque se trata do "tramo final" da lexislatura e porque Galicia está "nunha situación moi crítica". "Non hai máis que ver como están as rúas, con mobilizacións de todos os sectores pedindo á Xunta decisións ou a corrección de decisións", evidenciou.

   Neste punto, fixo fincapé en que o Goberno galego afronta este período con "parálise e desorientación". "Non é normal que o presidente leve dous meses sin dar a cara, coas rúas fervendo e todos os sectores tremendo", resaltou, insistindo en que Feijóo "escapou, está fuxido, desapareceu". "Só está en actos protocolarios, mantendo o tipo, con discursos neutros, planos", subliñou.

   Reforzou estas críticas sinalando que "o manual de funcionamento" da Xunta, os seus presupostos, é "irreal", xa que prevé un crecemento do 1,1 por cento mentres os datos de distintos organismos auguran unha caída do 1,3 por cento. "Demostra que o Goberno galego non ten solucións para saír da crise", sentenciou, convencido de que Feijóo pretende converter o último período de sesións en "tempo de desconto".

   Así as cousas, Pachi Vázquez asegurou que o grupo parlamentario que preside "traballará o tempo que quede" ata a celebración das eleccións autonómicas formulando "alternativas" para solucionar os tres principais problemas dos galegos: o paro, a economía e os servizos públicos. "A Cámara será o foro de expresión da cidadanía", sostivo o socialista, rexeitando así que o Parlamento continúe "amordazado".

ELECCIÓNS, "ENTRE XUÑO E OUTUBRO"

   Preguntado sobre as datas que manexa o seu partido para un eventual adianto electoral, o xefe de filas do PSdeG recordou que Feijóo deu por feito que fixar os comicios en outubro sería un adianto técnico e indicou que "en foros moi conservadores" está a haber debate ao respecto. "Nós cremos que Feijóo dá por esgotada a lexislatura, só queda ver cando convoca as eleccións", resolveu, convencido de que serán "entre xuño e outubro".

   Neste escenario, advertiu de que a convocatoria anticipada supón, para o mandatario autonómico, "recoñecer o seu fracaso". Ademais, o debate en torno ás datas, ao seu xuízo, "debilita a Galicia e o Goberno" e "crea grandes incertezas" nun momento en que son necesarias "seguridades e itinerarios fixos".

O PP "FRACASOU"

   En canto ás posibilidades do PSdeG para recuperar a Xunta, o dirixente socialista dixo que esa decisión corresponde aos cidadáns, que ven que o proxecto político do PP "fracasou".

   Ao fío diso, destacou que máis de 271.000 persoas están en situación de desemprego en Galicia e que se prevé que outras 30.000 se engadan a esa lista ao longo do presente ano; que a caída da produción industrial en Galicia é "catro veces maior" que a media estatal e que existe "unha flagrante deterioración" dos servizos públicos.

   Así mesmo, os principais sectores produtivos están "postos": os traballadores do sector naval están "na rúa", o sector eólico "recibe o golpe de graza" cun decreto estatal que a Xunta "non ten a valentía de recorrer", "non hai nin un só ladrillo posto" no plan acuícola e o sector financeiro galego "xa non existe".

   "Feijóo pode dicir o que queira, pero a realidade que vemos cotidianamente é moi dura", lamentou, para asegurar que "nunca" viu en Galicia "unha situación de incerteza e desesperanza" como a que se vive, ao seu xuízo, nos últimos días.

"O QUE GOBERNA, TEN QUE GOBERNAR"

   Tras debuxar este escenario, preguntado sobre a influencia da situación interna das dúas formacións da oposición na política autonómica, Vázquez destacou que o seu partido está a "formular propostas e acordos" porque ten "proxecto" e negou que a celebración dun congreso o próximo mes "debilite" a organización. Ademais, "ao día seguinte" de finalizado o conclave, os socialistas "están a traballar" de novo, garantiu.

   "O congreso, é necesario facelo", argumentou, se ben lamentou que "outras comunidades teñen un congreso na súa federación e eleccións en catro anos, mentres que Galicia ten "un congreso agora e autonómicas...". "Non me atrevo a dicir cando", indicou, consciente de que nin o país nin o presidente aguantan". "Ou este Goberno arranca e tira de Galicia, ou se segue co motor apagado, este país non pode seguir así", sentenciou.

   Finalmente, negou que o debate interno, que, ao seu entender, debe producirse, pero "nas sedes", dane o partido neste momento. "Aos cidadáns preocúpalles un detalle: que o que goberna, ten que gobernar", resolveu, despois de asumir que "a xente da rúa non quere" coñecer os "problemas" dos políticos, senón que espera que estes se dediquen a "arranxar os problemas da xente".

El vídeo comenzará después de 21 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.