Vegalsa-Eroski doa 4.800 menús a 11 entidades benéficas galegas

Vegalsa-Eroski
Foto: VEGALSA-EROSKI
Actualizado: viernes, 31 octubre 2014 10:22

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 31 Oct. (EUROPA PRESS) -

   Vegalsa-Eroski doará 4.800 menús a 11 entidades benéficas galegas con motivo da festividade de Todos os Santos, destinados a 5.000 persoas que a diario se alimentan nos seus comedores.

   O menú, custeado integramente pola compañía, segundo informou, comporase de lagostinos, sopa de fideos con polo e verdura, carne ou peixe con patacas e ensalada e froita.

   A Cociña Económica de Coruña, de Ferrol e Santiago; Betania de Viveiro; Sal da Terra de Vigo; Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres; Padre Rubinos da Coruña; Irmá Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia; Cottolengo de Santiago; Renacer da Coruña e Caridade Santiago Apóstol de Cangas, servirán o menú da festividade de Todos os Santos este sábado, 1 de novembro.

   Estas entidades reciben diariamente demanda asistencial de case 5.000 persoas na súa totalidade, segundo destacou Vegalsa-Eroski, que recorda que esta iniciativa se enmarca dentro da súa Responsabiliad Social Corporativa e a súa aposta "pola axuda activa ás persoas e colectivos máis desfavorecidos".