Actualizado: viernes, 22 agosto 2014 15:59
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

LUGO, 22 Ago. (EUROPA PRESS) -

   O vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde do municipio lucense de Cervo, Alfonso Villares, defendeu este venres que a reforma electoral que impulsa o Goberno, coa elección directa de alcaldes, é unha reforma "necesaria".

   De tódolos xeitos, apelou a que o "ideal" é que se saque "co máximo consenso posible". "Eu creo que é unha cuestión que sempre se debateu, que non se entendía que a lista máis votada, con independencia do partido que fóra, non fose a que gobernase", razoou Villares.

   Sobre esta polémica, precisou que se trata dun debate que ten lugar dende "hai moito tempo e que, ao seu xuízo, "nunca se fixo nada para buscar unha alternativa".

   Por iso, Villares avogou por que sexa a lista máis votada a que goberne, ademais de defender a alternativa dunha segunda volta". "Como xa se fai noutros países e que para mi é a idónea", subliñou en relación á elección de alcaldes.

   Sen entrar a xulgar o momento en que se abriu o debate para unha modificación deste calado, Villares si indicou que lle dá a "benvida", xa que, na súa opinión, é un "sentir estendido entre a sociedade".

"CO MÁXIMO CONSENSO POSIBLE"

   Aínda así, o vicepresidente da Fegamp recoñeceu que "o ideal" é que o devandito cambio na lei electoral se saque "co máximo consenso posible". "Diso non lle cabe dúbida a ninguén", resolveu.

   "Se agora non é o momento cando vai a selo, cando se vai formular", destacou Villares, xusto antes de puntualizar que "os momentos interesados se poden ver de calquera punto de vista, dende os que están no Goberno e dende os que están na oposición".