A xuíza instrutora prorroga un mes máis o segredo de sumario

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 18 junio 2013 14:33

LUGO 18 Jun. (EUROPA PRESS) -

A titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, instrutora da 'Operación Pokémon', Pilar de Lara Cifuentes, prorrogou un mes máis o segredo das actuacións.

Así o confirmaron a Europa Press fontes xurídicas, que comentaron que o xulgado notificou este luns a prórroga do segredo das actuacións.

A xuíza instrutora xustifica de novo que prorroga o segredo das actuacións para que non se entorpezan as investigacións no marco desta operación.

Entre as partes, a defensa do alcalde de Lugo, José López Orozco, manifestou a súa intención de recorrer esta nova prórroga para reiterar a petición de que se levante, polo menos, parcialmente o segredo sobre as actuacións.

Contenido patrocinado