O xuízo contra o presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística suspéndese ao recusar a defensa á xuíza

Fotos E Nota De Prensa Coas Declaracións De Guillerme Vázquez Na Concentración A
Foto: EUROPA PRESS/BNG-GALIZA

Un centenar de persoas, entre elas o voceiro nacional do BNG, concéntranse en A Coruña no seu apoio

   A CORUÑA, 10 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O xuízo contra o presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, previsto para este venres no Xulgado de Instrución número 2 de A Coruña polos seus reproches ao xuíz decano da cidade, Antonio Fraga Mandián, quedou suspendido ao pedir a defensa a recusación da xuíza.

   Mentres no xulgado se reunían todas as partes implicadas no proceso, un centenar de persoas concentráronse á entrada dos Novos Xulgados en apoio a Callón, entre elas, o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez.

   A causa ten a súa orixe nos reproches de Callón ao xuíz decano de A Coruña, ao que acusou de incumprir a Lei de Normalización Lingüística por unhas declaracións nas que aseguraba non ter "ningún rubor en usar a ilegalidade do topónimo A Coruña.

   Antes de entrar á sala de vistas, Callón defendeu o cumprimento da Lei de Normalización Lingüística e insistiu en que "non hai leis de primeira ou de segunda". "Por moito que queiran criminalizarnos ou meternos medo, non imos calar", engadiu ao asegurar que manterá a súa "defensa" do galego.

CAUSA "INSOSTIBLE"

   Pola súa banda, o voceiro nacional do BNG acusou de "insostible" esta causa, que, na súa opinión, obedece ao intento "de querer calar calquera voz crítica". Así, recalcou que "son os xuíces os que teñen que respectar escrupulosamente o cumprimento da lei".

    Finalmente, o xuízo non chegou a celebrarse, xa que a defensa pediu a recusación da xuíza argumentando que, no seu momento, ao igual que a Fiscalía, se posicionara a favor do arquivo da causa. Non obstante, finalmente fixouse data de xuízo tras o recurso presentado polo xuíz decano de A Coruña.

El vídeo comenzará después de 21 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.