A Xunta abre a inscrición en listas de contratación de persoal temporal e nomeamento de funcionarios interinos

Actualizado: viernes, 27 febrero 2015 19:59

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Feb. (EUROPA PRESS) -

A Xunta abre dende este domingo, día 1 de marzo, ata o próximo 15 de xullo o prazo de inscrición nas listas para a contratación de persoal laboral temporal e para o nomeamento de funcionarios interinos da Administración da Xunta de Galicia.

Segundo recolle unha resolución publicada este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG), os interesados en formar parte destas listas poderán solicitar a súa inscrición no prazo de referencia, para o que deberán presentar a instancia conforme ao modelo que se atopa á súa disposición na web da Xunta (www.xunta.es), no apartado de 'Listas de Contratación'.

O número de listas que estarán abertas á inscrición é de 24. Delas, 14 listas son para o nomeamento de funcionarios interinos e dez para a contratación de persoal laboral. Respecto a 2014 ábrense nove listas, cinco para persoal funcionario interino e catro para persoal laboral.