A Xunta destina 5,2 millóns a comedores sociais e centros de acollida

  O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidirá a reunión do Consello d
XUNTA/CONCHI PAZ
Actualizado: jueves, 28 mayo 2015 13:26

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 May. (EUROPA PRESS) -

O Consello da Xunta deu luz verde este xoves a destinar 5,2 millóns de euros a entidades de iniciativa social como comedores, albergues, centros de acollida e apoio a inmigrantes, o que supón "un 40% máis" que o achegado en 2014.

Diso informou este xoves en rolda de prensa tras o Consello da Xunta o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, quen destacou a importancia destas entidades polo seu "excelente traballo" social para a comunidade, cunhas axudas que aumentan "por terceiro ano consecutivo".

Neste sentido, os centros de inclusión e de emerxencia social terán un prazo maior para executar actuacións, para que non se produzan "solapamentos" nas ordes, ao tempo que as entidades poderán pedir anticipos.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)