A Xunta lanza un plan que prevé rebaixas no chan industrial e favorecer procesos de relocalización

Alberto Nuñez Feijoo
ANA VARELA
Actualizado: jueves, 27 noviembre 2014 14:52

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Nov. (EUROPA PRESS) -

A axenda galega para favorecer a competitividade e articular a 'industria 4.0' na comunidade aspira a crear 50.000 empregos e elevar o peso desta actividade no PIB autonómico ata o 20% no ano 2020. Para iso impulsará medidas como rebaixas a venda do chan industrial, que oscilarán entre o 15 e o 50%, e favorecerá os procesos de relocalización na comunidade.

Explicárono o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, ao termo do Consello da Xunta, que analizou este xoves un proxecto no que tamén se contempla o impulso de novas liñas de financiamento autonómicas para promover novos investimentos.

O obxectivo último, en palabras de Conde, é asentar en Galicia unha industrria "moderna, competitiva, diferenciada, sostible e xeradora de emprego de calidade".

(HABERÁ AMPLIACIÓN)