Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 21/03/2010 12:59

A Xunta ordena o pagamento anticipado de máis de 12 millóns de euros da prima por vaca nutriz a 12.000 gandeiros

   A Consellería do Medio Rural, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), ordenou a transferencia a 11.806 gandeiros do anticipo da prima por vaca nutriz, por un importe total de 12.014.497 euros.

   Segundo explicou a Xunta nun comunicado, este anticipo corresponde ao 60 por cento do importe total da axuda por vacas nutriz con dereitos de prima, solicitada en 2009. O 40 por cento restante, percibirano os gandeiros antes do próximo 30 de xuño, unha vez que o Ministerio de Medio Ambiente fixe os importes por cabeza correspondentes á campaña actual.

   De momento, o adianto do pagamento da Xunta ten por obxecto "mellorar a liquidez" dunhas explotacións que "están a soportar un importante incremento" nos custos de produción derivados, fundamentalmente, dos prezos de pensos e combustibles.

   Por provincias, Lugo é a maior beneficiada tanto polo número de produtores coma polo importe pagado, con 6.128 gandeiros que percibiron máis de 7,5 millóns de euros. No lado oposto, en Pontevedra cobraron case 620.000 euros un total de 864 produtores.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.