Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 07/02/2010 12:39
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, solicitou ao Parlamento autonómico, en nome do Goberno galego, a celebración do debate de política xeral o próximo mes de marzo.
Na cita comparecerá por primeira vez Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta para informar e debater sobre a situación política da Comunidade Autónoma de Galicia.
O Executivo galego precisou que foi onte mesmo cando presentou no rexistro da Cámara autonómica a petición de que se celebre este debate de política xeral no mes de marzo, nunha "sesión plenaria específica e distinta" das ordinarias xa establecidas no calendario aprobado pola Xunta de Portavoces.
A Xunta recordou que o debate sobre o estado da autonomía arranca coa intervención do presidente galego e despois toman a palabra os representantes dos grupos parlamentarios, tras o que se procede á presentación de propostas de resolución que os grupos consideren oportunas co fin de ser debatidas e votadas posteriormente.