Xunta valora a reunión Peña Nieto-Rajoy en "defensa do naval galego" e confía en que "se sigan dando pasos" con Pemex

Rajoy y el presidente de México, Enrique Peña Nieto, hablan del acuerdo de Pemex
TWITTER.COM/MARIANORAJOY
Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 24 mayo 2013 15:38

SANTIAGO DE COMPOSTELA 24 May. (EUROPA PRESS) -

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, valorou como "unha boa noticia" o contacto entre os presidentes de México e España, Enrique Peña Nieto e Mariano Rajoy, respectivamente, e enmarcouno na "defensa do sector naval galego e español".

"Non é máis que darlle continuidade aos contactos a nivel institucional, ao máis alto nivel, que referendan a aposta de México e de Pemex por Galicia, polo sector naval galego e español", destacou o conselleiro en declaracións aos medios tras unha reunión con responsables da empresa Alimentos Lácteos.

Ao respecto, o titular de economía e industria considerou que "se están a dar pasos na dirección" na que o Goberno da Xunta está a "traballar nestes últimos meses".

"O obxectivo é concretar a entrada de Pemex en Barreas e a partir de aí, concretar o inicio da construción dos dous floteles, un en Navantia e outro en Barreiras, e tamén as opcións reais que teñen os nosos estaleiros de participar no proceso de renovación da flota menor de Pemex, que significaría optar a un contrato de 240 millóns de dólares", explicou o responsable autonómico.

Por iso, cualificou de "moi positivos estes contactos" de Rajoy "en defensa do sector naval galego e do sector naval español". "Confiamos en que se sigan dando os pasos que están establecidos na axenda con Pemex", finalizou.

Contenido patrocinado