Yolanda Díaz deixará a coordinación de Esquerda Unida en xuño

Yonlanda Díaz
RADIO GALEGA
Actualizado: martes, 25 abril 2017 18:22

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Abr. (EUROPA PRESS) -

A deputada de En Marea Yolanda Díaz non se presentará á reelección para dirixir o partido o próximo mes de xuño, segundo avanzou este martes nunha entrevista na Radio Galega.

Díaz afirmou que o últimos catro anos "foron moi intensos" e asegurou que non se trata dun paso "atrás", senón dun paso "ao carón".

En materia de política estatal, criticou os orzamentos xerais e rexeitou a posibilidade de que En Marea negociase de forma autónoma o seu apoio a cambio dunha maior partida para Galicia.

"Os votantes de En Marea non entenderían o apoio aos orzamentos dos recortes", advertiu. Ademais, sobre se cre que o Executivo cumprirá os seus compromisos co AVE a Galicia, preferiu "non prexulgar", pero falou dunha experiencia ata agora "moi mala".

En canto a corrupción, opinou que Rajoy representa "o peor do establishment e unha forma de corrupción masiva". Sobre a dimisión de Esperanza Aguirre, avisou que "non se trata de pezas que saen salpicadas". "O que está en xogo é a propia forma de Goberno", incidiu.

No que respecta a conflitos internas de En Marea, valorou que a falta de inclusión "resta" e "non suma". Con todo, apuntou que o partido instrumental está aínda "nun proceso de experimentación" con marxe de mellora.