A casa de Castelao en Rianxo será Ben de Interese Cultural, que garante a súa conservación e visitas guiadas gratuítas

 

A casa de Castelao en Rianxo será Ben de Interese Cultural, que garante a súa conservación e visitas guiadas gratuítas

Galicia Actual
Actualizado 24/07/2006 16:55:20 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Jul. (EUROPA PRESS) -

A casa que en 1886 viu nacer na localidad costeira de Rianxo (A Coruña) ó que é considerado o referente do nacionalismo galego, o intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, será declarada Ben de Interese Cultura (BIC) pola Xunta, co que se evitará deste xeito calquer tipo de agresión a esta inmoble, xa que se supón o máximo nivel de protección que permite a lexislación galega, ó tempo que se garante a súa conservación o longo do tempo.

Así o anunciou hoxe en rolda de prensa, a conselleira de Cultura, Anxela Bugallo, que acompañada pola subdirectora de Patrimonio, Susana Mera, recoñeceu que a declaración deste inomble como Ben de Interese Cultura é unha "reivindicación de vello" por parte do Concello de Rianxo e a Fundación Castealo.

Bugallo explicou que en xuño recibiron do Concello de Rianxo e pola Fundación Castelao os documentos e datos para avala-la petición desta declaración, polo que agora os servizos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural están a elaborar toda a documentación necesaria, tanto escrita como gráfica, para a súa correcta tramitacion, que inclúe a recepción de informes, entre eles o da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico da Coruña.

A declaración de Ben Interese Cultura suporá tamén abrir ó público a primeira residencia deste polifacético intelectual que con once anos tuvo que sair desta pequeña vila costeira para coñecer de perto o mundo da emigración na Pampa arxentina, aínda que retornou en 1910 a Rianxo, tras especialízase en Santiago en obstreticia. Durante este período colaborou na fundación do semanario El Barbero Municipal (1910-1914), no que escribiu atacando o rexime caciquil galego e insírexe na vida política local.

CATRO DIAS O MES DE XEITO GRATUITO

A subdirectora xeral de Patrimonio precisou que os estatus que regulan a declaración de un BIC estabrecen que se debe facilitar a visita pública a este tipo de inmobles e fixa un mínimo de catro días gratuitas ó mes.

Asemade, a conselleira de Cultura salientou que a declaración non só suporá unha mellor conservación da casa do autor de 'Sempre en Galiza' senón tamén a súa "maior promoción, difusión e coñecemento", o que, segundo indicou, tamén superá tamén a axeita tarnsmisión do legado deste polifacético novelista, debuxante, caricaturista, pintor, teórico da arte e político, sempre reflexou na súa obra o seu compromiso co galeguismo e co mundo.

A titular de Cultura recoñeceu que os trámites que se deberá seguir a partir da agora son "bastante longos", ya que non será ata setembro ata que se inice a fase de incoación do expediente, logra a de instrución e finalmente a de declaración. Deste xeito, o expediente de declaración deberá concluirse no prazo máximo de 20 meses a contar dende que foi incoado.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies