Proxecto Home recadará fondos en Vigo cunha gala benéfica na que actuarán Uxía, Budiño e Malvela

Galicia Actual
Actualizado 11/11/2006 15:51:26 CET

VIGO, 11 Nov. (EUROPA PRESS) -

Proxecto Home organizará, coa coordinación da cantante Uxía Senlle, unha gala benéfica que terá lugar hoxe ás 20.00 horas no Teatro do Centro Cultural Caixanova de Vigo, e que servirá para recadar fondos co fin de manter as actividades terapéuticas que esa asociación desenvolve na cidade olívica.

Segundo explicaron os organizadores do evento, o obxectivo desta gala é o de conseguir financiamento extra para o mantemento das actividades e recursos de Proxecto Home na cidade xa que, a pesar de que recibe axudas da administración "non son suficientes" para facer fronte aos custos que diariamente se requiren.

Ademais, tal e como explicou a voceiro de Proxecto Home, Amalia Calvo, o acto, que contará coa intervención da cantante Uxía Senlle, e artistas invitados como membros de Malvela, Rodrigo Romaní, Xosé Manuel Budiño ou a Academia 'Punta Danza, servirá para "sensibilizar" á poboación sobre a problemática do consumo de drogas.

Proxecto Home Galicia desenvolve actualmente varios programas, como os destinados a persoas adictas aos opiáceos (heroína), aos psicoestimulantes (cocaína e outras drogas), o programa 'Acougo' para persoas diagnosticadas de Patoloxía Dual, programas de prevención escolar, ou pisos de apoio.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies