Unhas 211 marcas de 146 adegas de todas as denominacións de orixe participan na XVIII Cata dos Viños de Galicia

 

Unhas 211 marcas de 146 adegas de todas as denominacións de orixe participan na XVIII Cata dos Viños de Galicia

Actualizado 10/07/2006 18:17:46 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Jul. (EUROPA PRESS) - A XVIII Cata dos Viños de Galicia, que organiza a Consellería do Medio Rural, someterá a avaliación dunha ducia de expertos a un total de 211 marcas de 146 adegas de todas as denominacións de orixe. As probas para coñecer os mellores caldos galegos desenvolveranse desde mañá e ata o xoves no IES Compostela, en Lamas de Abade, en Santiago de Compostela.

As catas dos viños que compiten nesta ocasión por obter o recoñecemento como os mellores caldos de Galicia comezarán mañá, ás dez e media da mañá. Os expertos encargados da avaliación son especialistas de recoñecido prestixio que pertencen a algunha asociación de catadores e/ou enólogos; realizan críticas en medios de comunicación; ou que desenvolven o seu traballo en empresas e distribuidoras, entidades privadas ou públicas vinculadas co sector.

Os viños das 211 marcas galegas a concurso serán sometidos á análise sensorial realizada por unha ducia de catadores, na denominada Cata de Selección, que se prolongará ata o mércores. O xoves terá lugar a Cata Final, aínda que os resultados da mesma non se darán a coñecer ata o día seguinte, venres no decurso dun xantar de honra celebrado no Balneario de Mondariz (Pontevedra).

AUGARDENTES DE GALICIA

Por outra banda, a VIII Cata das Augardentes de Galicia tivo lugar hoxe no IES Compostela. Meste caso, houbo 25 marcas a concurso, pertencentes a 21 empresas produtoras sometéronse a unha análise sensorial, realizada por un panel de expertos.

O obxectivo desta cata é potenciar as augardentes protexidas por denominación, fomentando o recoñecemento público da súa calidade. Os gañadores desta edición coñeceranse tamén o venres.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies