Un acordo entre Traballo e Fegarte mellorará as condicións laborais dos traballadores de residencias da terceira idade

Actualizado 10/07/2006 20:09:24 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Traballo e a Federación Galega de Residencias da Terceira Idade (Fegarte) asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento de accións de información e formación nas que se incluirán os riscos específicos aos que se expoñen os traballadores destas residencias.

Con estas actividades de información preténdese mellorar as condicións de traballo en materia de prevención de riscos laborais mediante accións de promoción, asistencia e cooperación técnica en materia preventiva. Ademais, preténdense reforzar os obxetivos de responsabilidade, cooperación e participación da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

Para a prevención de riscos específicos realizaranse catro xornadas técnicas dirixidas a empresarios e profesionais do sector e tres cursos básicos de prevención de riscos laborais, de 30 horas cada un, para traballadores dos centros.

As actividades terán lugar durante os próximos meses, ata novembro de 2006, e disporán dun orzamento de máis de 24.000 euros, dos cales 22.000 proveñen da Consellería de Traballo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies