Ánxela Bugallo abrirá o 31 de xaneiro os 'Almorzos On/Off' de 2006 en A Coruña, convidada polo CPXG

Actualizado 25/01/2006 13:02:32 CET

SANIAGO DE COMPOSTELA, 25 Ene. (EUROPA PRESS) -

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG=, por medio da súa demarcación na Coruña, organiza o vindeiro martes, 31 de xaneiro, a primeira edición dos 'Almorzos ON/OFF' do ano 2006, na que participará a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo.

A Fundación Luis Seoane de A Coruña, acollerá este acto que vai comezar ás 9.30 horas co encontro 'Off' para colexiados e segurá no seu apartado 'On, a rolda de prensa de libre acceso, ás 10.15.

Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura e Deporte, forma parte do círculo máis estreito de colaboradores do vicepresidente da Xunta de Galicia e portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana. Ademais do cargo que ocupa no goberno, Bugallo forma parte do Consello Nacional e da Executiva Nacional do BNG e desempeña o cargo de adxunta á Portavocía Nacional deste grupo, polo cal é deputada no Parlamento Galego.

Os 'Almorzos On/Off' lévanse realizando desde febreiro de 2005, organizados polo CPXG nas súas demarcacións de A Coruña e Lugo. Nestes encontros cos xornalistas teñen estado persoeiros como Ignacio Ramonet, Alberto Núñez Feijoo, Anxo Quintana ou José Blanco. O ciclo, que pretende fomentar o diálogo e a análise da actualidade cos seus protagonistas, conta coa colaboración da Fundación Luís Seoane en A Coruña.

O CPXG, entidade de dereito público creada pola lei 2/1999 do Parlamento de Galicia, suma máis de 1.100 colexiados repartidos entre as sete demarcacións coas que conta. Entre os seus obxectivos figura en lugar destacado afondar na mellora das condicións nas que os xornalistas levan a cabo o seu traballo, a defensa profesional dos seus membros e a garantía de independencia e liberdade informativa en beneficio da sociedade galega.