A Asociación Galega de Editores estará presente por vez primeira na Feira do Libro da Habana

 

A Asociación Galega de Editores estará presente por vez primeira na Feira do Libro da Habana

Actualizado 01/02/2006 20:16:00 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Feb. (EUROPA PRESS) -

A edición galega está representada, por primeira vez, na Feira Internacional do Libro da Habana que este ano celebra a súa décimo quinta edición na Fortaleza de San Carlos da capital cubana.

A Asociación Galega de Editores (AGE) exhibirá ao redor de 300 títulos representativos da diversidade da produción editorial das 35 empresas asociadas. Nun comunicado, destacou a diversidade da mostra que se reflicte tanto na variedade de xéneros representados como nos formatos adoptados.

Miguel Anxo Fernán Vello, presidente da AGE, manterá diversos encontros institucionais, entre outros, co ministro de Cultura cubano, Abel Prieto , co presidente do Instituto Cubano do Libro (ICL), Iroel Sánchez, e coa directora da Feira e coa presidenta da Cámara cubana do Libro María Mederos.

Á participación da AGE nesta feira seguirá a presenza nas Feiras de Bolonia -do 27 ao 30 de marzo-, Primavera dos livros -Brasil-, Liber -Madrid, 27 ao 29 de setembro-, Frankfurt -4 ao 8 de outubro- e, previsiblemente, Guadalajara -México, 25 de novembro ao 3 de decembro-.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies